E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 19 de novembro de 2020

OS BALBINOS. RUTA DA PRATA

 
OS BALBINOS. RUTA DA PRATA
Autores: Toño Núñez e Xoán Carlos García Porral
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
Edita: Edicións Fervenza

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Libro con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. De momento conseguimos rematar o Camiño Francés e a Ruta da Prata.

Primeiro fixemos o Camiño Francés, e despois desa fermosa experiencia, a familia dos Balbinos decidimos facer unha nova peregrinaxe a Compostela, desta vez pola Ruta da Prata, na variante do Camiño Sanabrés.

Ollamos elementos fermosos do noso patrimonio, escoitamos historias e lendas engaiolantes, e coñecemos persoas que desbordaban amabilidade en cada un dos concellos polos que pasamos: A Mezquita, A Gudiña, Castrelo de Val, Laza, Vilar do Barrio, Xunqueira de Ambía, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Ourense, Vilamarín, Cea, Piñor, Dozón, Lalín, Silleda, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela.

O traxecto foi duro, pero pagou a pena xa que chegamos cargados de anécdotas e de experiencias enriquecedoras. Tanto é así que, quen sabe... Igual para o ano, aos Balbinos se nos dá por facer outra das rutas cara a Santiago.

ISBN: 978-84-18136-08-5
Nº de páxinas: 100
Formato: 22 cm x 24 cm
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger