mércores, 29 de xaneiro de 2020

"O MUNDO ESTÁ NAS NOSAS MANS" - Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (201
9)
Relato premiado cun Accésit na Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"O MUNDO ESTÁ NAS NOSAS MANS" de LUCÍA CEREZO ALONSO - 11 anos - 6º de Primaria.
Era unha tarde de agosto, as miñas amigas e mais eu fomos á praia e había moitas algas, e de súpeto miramos para un lado e miramos botellas e moito plástico ao redor.
Unha das miñas amigas que se chama Antía P, que é a máis valente, decidiu coller unha bolsa e comezar a recoller o plástico, e así foi, eu, Antía P, Antía C, Paula e Claudia comezamos a recoller o plástico.
Xa levábamos 2 horas recollendo plásticos, e xa eran as 20:05 e tiñamos que ir cada unha para a súa casa. Cando chegamos a casa cada unha contoullo aos seus pais e os nosos pais dixeron que fixeramos un traballo que case ninguén fai.
Ó día seguinte como estaba dando o sol eu e Paula decidimos ir á praia, pero a outra praia, e Paula levou bolsas para recoller plásticos. Cando chegamos á praia viñeran as nosas nais con nós, e nós fomos mirar onde había plásticos e comezamos a recoller os plásticos. Levábamos media hora recollendo plásticos e de súpeto apareceu un home e díxonos:
-Nin se vos ocorra recollar plásticos que hai aquí.
-Por que non podemos? - preguntoulle Paula.
-Porque tampouco hai tanta contaminación, e os animais tampouco sofren tanto -dixo o home.
-Si que hai moita contaminación e os animais por culpa da contaminación están morrendo moitísimos, e hai moitos animais danados -engadín eu.
Despois de que eu lle dixera iso o home marchou e eu e máis Paula marchamos correndo a xunto das nosas nais para contarllo.
Cando chegamos a xunto delas contámosllo e elas viñeron con nós e nos axudaron a recoller os plásticos, e despois de 45 minutos recollendo as 4 os plásticos decidimos parar de recoller e ir a darnos un baño.
As nosas nais foron para a area e eu e Paula fomos a auga.
Eu e Paula fomos máis para o profundo e estábamos falando e de súpeto miramos como 5 tartarugas envoltas en plásticos. Nós as dúas intentamos quitarlle os plásticos sen facerlle dano. E cando lle quitamos todos, todos os plásticos, agradecéronnos que lle quitáramos os plásticos a súa maneira e marcharon.
Despois de 5 minutos saímos da auga para secarnos un pouco porque era tarde e tiñamos que marchar.
Recollemos, despedímos e marchamos.
COIDEMOS O PLANETA!
FIN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger