domingo, 26 de xaneiro de 2020

"MIRA COMO BAILA" - Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN


Participantes e premiados Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato premiado cun Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"MIRA COMO BAILA" de ANTÍA CERNADAS ALFONSO - 11 anos - 6º de Primaria.
Ola! son Cristina e encántame o baile. todos me din que se me da ben. Eu dende que era pequeniña, bailo. Levo moito tempo indo a concursos. O meu soño e ir a "Mira quen Baila". É un programa da galega. Levo indo todos estos anos aos castings, pero nunca me collen. Este ano levárame preparándo todo o ano.
O día trece levantaríame as oito e iríamos rumbo a Lugo, pero non ía ser todo tan guai, estaba convencida.
Faltaban quince días. Ía todas as tardes a ensaiar.
A miña profesora chamábase Zoe. Entrenábame dende fai oito anos. Eu tiña dezaseis anos. A miña paixón polo baile era enorme. Todos os martes e xoves ía entrenar de 16:00 a 18:30.
Esta vez colléranme. Actuaba de cuarta. Nese programa só gañaba unha persoa en cada gala.
Era o día doce pola noite. Tiñao todo preparado.
Presentábase Briana. Que nena máis repugnante!
As súas amiguitas Diana e Xiana non se presentaran pero ían ir, estou segura.
Teño sempre problemas con elas tres. Son as típicas "guapas" que teñen os chicos detrás.
O premio de Mira quen Baila era unhas entradas ao Land Rober para a túa familia e para tí. Irían meus pais, meu irmá e meus avós. Daríanme tres mil euros e actuaría no Land Rober.
Durminme.
Pola noite...
Briana estaba na casa de Cristina. Ela sabía que Cristina era mellor que ela. As tres amiguitas trataron de abrir a pechadura cunha orquilla. Foille fácil. Abrírona e entraron, Xiana tropezou, torpiña como un pato mareado. Non se decatou ninguén. O que querían, era romperlle a roupa e a pegatina.
Pola mañá... Despertador:
- Tiriririririririririr! Son as seis da mañá!
Sí, o meu despertador é moi borde. Non estaba nerviosa, estaba nerviosísima!!!
Levanteime a almorcei.
Estivemos falando e, os meus pais trataron de tranquilizarme un pouco. Subín, ducheime e cando ía a vestirme, vin a miña roupa feita pedaciños. Só pensei..., Briana!
Fun a casa de Diana. Si, por desgraza, éramos veciñas. Abriume a porta o seu irmán Anxo, se non arrincáballe os pelos. Anxo chamouna e aí veñen as tres polas escaleiras para abaixo. Sí as tres!!! tiveran unha festa de pixamas.
Pregunteille como podían ser tan malas. Miráronse unhas as outras e ríronse, pecháronme a porta no nariz. Non podía máis, eran as de sempre.
Botei a correr e a chorar para miña casa. Pecheime na miña habitación. Os meus pais subiron a consolarme. Ninguén podía consolarme!! Ese era o meu soño, e non podía ser, roto por tres nenas de papá.
Eran as sete da mañá, estaba en pixama chorando e comendo xeado de chocolate.
De súpeto, alguén petou na porta. Era o irmán de Diana. Colléralle a pegatina e a roupa a Briana.
Ela prepararíase alí e coleríana os seus pais. Non o podría crer, Anxo era meu amigo!! Non me levaba ben coa súa irmá, pero unha cousa non quitaba a outra.
Tíñame que facer pasar por Briana. Que horror! Pregunteille a Anxo como ía a impedir que Briana saíse da casa. El contestoume que iso non me tiña que importar.
Díxenlle aos meus pais o que ía facer. Pareceulles ben, eles non soportan a Briana. Vestinme rápido e subimos ao coche. Eras as 8 a.m. e actuaría ás cinco da tarde, en directo.
Alá íamos nun golf vermello un pai, unha nai, unha nena e un neno, rumbo a Lugo.
Recibín como unhas vinte chamadas do Clube Patatilla pero nin caso. Chegamos alí. Chamaron por Cristina Sánchez pero non contestou ningúen. Briana actuaba de terceira e eu de segunda. Unha vez no escenario preguntáronme o meu nome e onde vivía. Empezou a soar a música e o meu corzo empezou a moverse. Sentía a canción correr polas miñas veas.
Actuaron todos. Nese programa gaña un só cada día. Non é como A Voz, Got Talent...
De finalistas quedamos unha que se chamaba Andrea e eu. Galloso colleunos as mans e dixo:
-"A gañadora da terceira gala de Mira quen Baile é... Cristina!"
Recordarei esa frase toda a miña vida!!
Levamos os tres mil euros e as seis entradas pra o Land Rober.
Sabía que o rematar o verán, ao ir ao colexio, Briana íame facer a vida imposible, pero non me importaba... Conseguira o meu soño, un dos meus soños!!l
E agora, seis anos despos, vou para a final de Got Talent!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger