mércores, 1 de maio de 2019

O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL


O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL
Autora: Andrea Maceiras
Ilustradora: Noemí López Vázquez
Edita: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Despois dunha visita ao que será o seu instituto no curso próximo, David sente que algo non vai ben. As sombras dos lagartos perségueno na rúa, na escola e mesmo na casa, facéndoo lembrar intensamente a aldea dos seus avós, Santo Antón de Piñeiro.

David sabe que só alí pode volver ser el mesmo e responder ao seu nome verdadeiro: Arnal. Tampouco pode esquecer a persona que lle puxo ese alcume, o seu curmán Marcos, un rapaz introvertido que desapareceu misteriosamente e de quen ninguén quere falar.

Por iso David está disposto a dedicar todo o verán a procurar a luz nas sombras do seu pasado. Quizais así poida reencontrarse cos seus amigos da primeira infancia, esquecer un pouco o divorcio de seus pais, revelar un segredo familiar oculto e difícil, ben alto, que todas as persoas teñen o dereito de decidiren o seu destino, sexa este o dos lagartos, o das avelaíñas ou mesmo o das bolboretas.

ISBN: 978-84-9995-048-8
Nº de páxinas: 126
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger