sábado, 4 de maio de 2019

O PAZO MÁXICO. A TÚA PRIMEIRA ESCOLA DE MÁXIA


O PAZO MÁXICO
A TÚA PRIMEIRA ESCOLA DE MAXIA
Autor: Pedro Volta
Ilustrador: Calros Silvar
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura en Galego - Xogos

Son moitos os nenos e nenas que soñan con ser magos e protagonistas de historias fantásticas. Se ti es un deles, con este libro poderás facer realidade os teus soños e vivir unha aventura alucinante nun pazo máxico oculto nun bosque secreto, onde te converterás nun auténtico aprendiz de mago.

Acompañarante nesta aventura un raposo moi simpático e o ilusionista Pedro Volta, que che presentarán algúns dos magos máis lendarios, como o escapista Harry Houdini, O Gran Carter, Doug Henning ou Robert-Houdin, que compartirán contigo segredos incribles e, ademáis ensinaranche en persoa os seus mellores trucos.

Tamén descubrirás as orixes do cine grazas ao entrañable mago Georges Méliès, co que aprenderás a realizar coas túas mans misteriosas sombras chinesas. Cando volvas ao mundo real converteraste nun auténtico mago e poderás sorprender os teus familiares e amigos.

ISBN: 978-84-92630-32-5
Nº de páxinas: 91
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger