domingo, 27 de xaneiro de 2019

SELVA NEGRA


SELVA NEGRA
Autor: Miguel Suárez Abel
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

"Selva negra" son catro contos desesperanzados e inquietantes sobre o noso tempo. O humor, a ironía, a certeira utilización do diálogo e os desenlaces inesperados que argalla Suárez Abel, fan que se lean dun tirón, deixándonos un sabor amargo sobre o tempo no que vivimos.

O volume ábrese con "A Alemana", no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo interior expresa os máis íntimos sentimentos da protagonista, unha rapaza de dezasete anos que cursa desorientada primeiro de administrativo, separada dos seus país que viven en Alemaña.

O segundo dos relatos "Selva negra" , que dá título ó libro, é a continuación do anterior. Mestura o desacougo de Alfredo e Herminia, parella de emigrantes retornados que se establecen nun barciño de estrada, o Selva negra, coa desfeita persoal de Mar, a súa filla, enganchada por unha rede de narcotraficantes. O autor, cunha utilización moi certeira do diálogo, argalla un desenlace brutal e inesperado.

O terceiro dos relatos "O Quiquiriquí" é unha nova historia de emigrantes, onde se confrontan, como en todo o volume, a visión do mundo da xeneración adulta co desconcerto inquietante dos mozos do noso tempo.

O volume péchase con "Os caprichos de Laura", onde a habilidade de Suárez Abel no manexo do monólogo interior amósase de novo para descubrí-lo proceso de Laura, unha muller con dous fillos que un día decide muda-lo rumbo da súa vida, farta dunha cotidianidade que a consome.

ISBN: 84-7507-808-7
Nº de páxinas: 141
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger