NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 28 de xaneiro de 2019

"O FILLO" 1º Premio da categoría D: 1º/2º de ESO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O fillo" de Lucía Acuña Amil - 13 anos - 2ºA de ESO.

Premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura,
varios membros do xurado do certame, e o representante da
Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela
Galardoado co 1º Premio da categoría D: 1º/2º de ESO.

Eran as 10:30 da mañá. Anastasia estaba na cama, non tiña ganas de nada, pero facendo un gran esforzo levantouse para almorzar. Mentres baixaba as escaleiras notou un son detrás dela, pero non lle fixo caso; pensou que serían os mobles.

Seguiu baixando e, de súpeto, notou como lle sopraban na orella e lle dicían: "Ti tamén!"

Morta de medo, xirouse lentamente, pero non viu nada e foi correndo ata a cociña. Cando chegou, pechou rapidamente a porta, pero non se decatou de que cos nervios a deixara entreaberta.

Xa maís tranquila, díxose a si mesma: "É a miña imaxinación", á vez que preparaba o almorzo. Cando ía comelo sentou nunha cadeira, que estaba xusto en fronte da porta. Decatouse de que ao fondo do corredor había unha figura humana. Era... parecido ao seu fillo morto. Dicía: "Mamá, mamá!".

A porta abriuse e a figura do seu fillo foi correndo ata ela, e de súpeto converteuse noutra persoa: era o home que deixara morto ao seu fillo nunha estrada. Gritaba: "Morrerás!".

Nese mesmo momento Anastasia pechou os ollos. Cando os abriu, non había nada. O seu corazón latía rapidamente. Estaba mareada, aterrorizada, non podía crer o que pasara. Así que chamou á policía e contoulle o que lle sucedera. A polocía non a creu.

Pasaron as horas e seguía morta de medo. Eran as 23:00 e foise para a cama, fixándose en cada recuncho da vivenda.

Chegou ao seu dormitorio, pero non viu nada. Ao levantar a cabeza notou o rostro do home que a observaba fixamente. Dicía constantemente: "Seras a seguinte!".

Mentres a miraba, púxolle as mans no pescozo e, mentres apertaba, repetía: "Non intentes escapar!". Pero ela resistíase e gritaba: "Nooon!".

Xusto nese momento, o home desapareceu.

Foron pasando os días e cada vez foi notando presenzas máis perigosas. Cada vez que notaba algo, chamaba á policía. Os axentes, cansados, chegaron á conclusión de que Anastasia tiña graves problemas mentais, así que a ingresaron nun centro psiquiátrico. E alí está a día de hoxe, esperando a que alguén a crea.

FIN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger