XOÁN BRANCO E A GRAN REVOLTA IRMANDIÑA
Autor: Fran Zabaleta
Ilustraccións: Javier Badal Palacio
Ilustraccións: Javier Badal Palacio
Edicións Nigra Trea S.L
Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa
Esta é a historia dun home que soñou unha revolución. Unha revolución como nunca antes se vira, capaz de pór do revés o mundo e de levar a paz e a xustiza a unha terra que só coñecía a miseria e a brutalidade. Esta é a historia dun home que soñou un mundo mellor... e que non quedou de brazos cruzados.
É moi probable que nunca oíras falar de Xoán Branco, escribán de Betanzos e capitán xeral da Gran Irmandade do reino de Galiza. Pasou xa moito tempo dende que viviu, máis de cincocentos anos, e a Historia devora con fame aos homes e os seus soños... sobre todo aos que non se adornan con títulos e dignidades.
Pero canto vas ler aquí sucedeu de verdade, polo menos ata onde podemos coñecelo. E transformou a túa existencia. Probablemente, ti mesmo tiveches un antepasado que formou parte desta revolución soñada por Xoán Branco, un tataravó que un día xa lonxano ergueuse contra os seus señores, derrubou castelos e fortalezas e loitou para que os seus fillos gozasen dun mundo mellor que o que el coñecera...
Un libro pequeno de bolsillo ainda que grande en contido que nos relata a revolta irmandiña e nos conta un pouco a nosas raices e a nosa historia e os nosos heroes que tanto loitaron pola xustiza.
ISBN: 978-84-15078-27-2

Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.