GALICIA INMATERIAL, GALICIA MÁXICA
Ilustrador: Carlos Sardiña
Edita: Hércules de Ediciones
Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancentrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións, etc.
Con esta obra preténdese realizar un estudo -destinado ao público en xeral- do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seu potencial como produto cultural e turístico
ISBN: 978-84-947770-5-9
Nº de páxinas: 168
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16,5 x 24 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.