Autora: Ana María Fernández
Ilustrador: Enrique López López
Edita: Hércules de Ediciones
Colección: Novas Lecturas de Hércules
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía
Idade recomendada: +6 anos
As nosas vidas están mergulladas nun mundo fermoso e variado. Tal idea é o punto de partida dos corenta e seis poemas que ofrece esta obra.
Os seus versos serven de guía para visitar espazos moi diferentes e para facer xermolar sensacións que axudan a contemplar a relidade circundante con novas perspectivas. Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paixasea... Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasquerio, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas... e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir poderás bailar, poderás sentir... Con Ring, ring...! Quen rima?... poderás vivir.
ISBN: 978-84-947770-9-7
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.