domingo, 16 de setembro de 2018

UN HEROE DO NOSO TEMPO


UN HEROE DO NOSO TEMPO
Autor: M.I. Liérmontof
Ilustrador: Ignacio Hortas
Edicións Xerais de Galicia

Colección: Xabarín

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

M.I. Liérmontof é considerado continuador e mesmo herdeiro de Puxquin no eido das letras rusas, que ámbolos dous cultivaron con apaixonada entrega. As semellanzas non se dan só na súa maneira de entende-la literatura, senón tamén nas súas vidas: ambos de berce aristocrático, amantes do seu pobo, de ideas liberais seguiron o vieiro ancetado anteriormente polos decembristas... Amaron o témero Cáucaso e a el foron desterrados, e ámbolos dous tiveron unha morte tráxica, víctimas da trama política

Pechorin, o "heroe" atípico, ten ben que ver co seu creador e mais coa xuventude da súa propia época viciada de escepticismo, nugalla e descrimento xeral dos preceptos máis afincados na sociedade do seu tempo.

ISBN: 84-7507-403-0
Nº de páxinas: 221
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger