Autora e ilustradora: Rocío Alejandro
Kalandraka Editora
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: + 5 anos
O coello Simón plantou moitas cenoiras pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas... e a hora medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa...
Polo seu carácter universal, a clara intención ecolóxica e comunitaria, e os distintos niveis de lectura que achega, "A horta de Simón" trascende a súa aparente sinxeleza para revelarse como un libro de múltiples lecturas.
X Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2017
Nº de páxinas: 44
Encardernación: Tapa branda
Formato: 22,5 x 25 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.