martes, 18 de setembro de 2018

TOMÁS O BROMISTA


TOMÁS O BROMISTA
Autor: Jorge Rico Ródenas
Ilustradora: Anna Laura Cantone
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Tomás era un neno moi traste ao que lle encantaba agocharse e disfrazarse cando viñan visitas á casa.
Un día veu comer unha amiga da súa nai, que vivía en Francia. Tomás correu ao falado, cunha manta e un pouco de fio fixo un disfrace de crocodilo. E cando abriu a porta...

"Tomás o bromista" reúne todos os ingredientes para gustarlle ao público infantil, invitándoo a que se involucre e sexa partícipe do relato: é un texto narrativo aderezado con rimas, repeticións e fórmulas acumulativas; e sobre todo, o humor, as sorpresas e a creatividade están presentes de principio a fin.

ISBN: 978-84-8464-369-2
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger