mércores, 29 de agosto de 2018

A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN


A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
Autor: Xabier P. DoCampo
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A vila de Ribadaísua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.

Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaite mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutadas que se queren donas da súa propia vida..., son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa mais fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de  verdade, o que está alén de Ribadaínsua.

Novela de longo alento, traballada durante máis de quince anos, "A nena do abrigo de Astracán" reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa a Xabier P. DoCampo como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.

ISBN: 978-84-9121-286-7
Nº de páxinas: 399
Encardenación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger