martes, 28 de agosto de 2018

A RAÍÑA DAS VELUTINAS


A RAÍÑA DAS VELUTINAS 
Autor: Lionel Rexes
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de personas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas.

A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por personas con diversos intereses e maneiras de procedes. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; máis nada será o que parece.

Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidaridade.

Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal"

ISBN: 978-84-9121-268-3
Nº de páxinas: 150
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger