domingo, 3 de decembro de 2017

SÍGUEME EN MARCHA



SÍGUEME EN MARCHA
Ilustrador: Fhiona Galloway
Engaiolarte Edicións 
Colección: Sigueme

Xénero:  Literatura infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos 

Sigue o camiño en cada páxina e axuda os xemelgos a chegar á meta.

Esta actividade, sinxela e divertida achegará ás túas crianzas á pre-escrita e a mellorar a coordinación entre a man e o ollo.

A colección "Sígueme" son libros pensados para a aprendizaxe e o estímulo sensorial, e considerados como de prelectura, porque no seu deseño gráfico e nos seus materiais procuran o interese directo dos pequenos. Son tamén un primeiro veículo de achegamento ao galego e para despertar o apego ao idioma a través das ilustracións.

Búscase a intervención directa do neno, a interrelación co libro tamén como obxecto de xogo, de asombro, de estímulo da curiosidade, ao que contribúen as cores utilizadas.

Con algúns deles os rapaces aprenden os números manipulando os troqueles cos dedos, mellorando a súa psicomotricidade fina.

ISBN: 978-84-944792-4-3
Nº de páxinas: 14
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 18,5 x 18,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger