AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN
SÁBADO 14 DE OUTUBRO
ÁS 18:30 HORAS
Os seis irmáns Bolechas e o can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Aquí chegan, un ano máis, os máis divertidos referentes galegofalantes para percorreren este outono 21 localidades galegas cunha actividade familiar e participativa.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa.
Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos.
Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.
Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para FalaRedes a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao www.osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.
Tamén, coma sempre no FalaRedes, a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.
Toda a información sobre a nova edición xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega en www.lingua.gal/dechispaatata.
ESPERÁMOSTE
NO
AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN
NON TE ESQUEZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.