xoves, 5 de outubro de 2017

MAX E LEA


MAX E LEA
Texto e ilustracións:
Estefanía Padullés
Tradución:
Ánxela Gracián
Hércules de Ediciones S.A., 2016

Xénero: Literatura en galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosauro moi grande, moi forte, e cunha morea de cairos, así que ninguén se atreve a meterse con el.

Pero polas noites cambia o conto… xa que Max ten moito medo á escuridade.

Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosauros que coñece… pero parece que ninguén pode solucionar o seu problema.

Cando Max xa está a punto de renderse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.

Poderá axudarlle Lea?

Logrará Max vencer á fin o seu medo á noite?

ISBN: 978-84-944396-9-8
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger