venres, 6 de outubro de 2017

GALEGOS UNIVERSAIS. A influencia de Galicia no mundo


GALEGOS UNIVERSAIS
Influencia de Galicia no mundo
Textos: Victorino Pérez Prieto, Manuel Antonio Castiñeiras González, Eduardo Esteban Meruéndano, Aquilino Fariñas Godoy, Xurxo Martiz Crespo e Afonso Eiré
Coordinación: Afonso Eiré
Hércules de Ediciones

Xénero: Biografías - Historia

A influencia de Galicia no mundo foi -e segue a ser- moi superior ao que, tradicionalmente, se nos fixo crer.

Este libro inicia unha colección cuxo obxectivo último é dirixir a luz a episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar o seu decisivo vencellamento con Galicia.

Neste volume, varios autores -especialistas en diversos campos do saber- analizan, dende unha perspectiva innovadora, as biografías de protagonistas da Historia como Prisciliano, Xelmírez, Cristóbal Colón, Simón Bolívar e Fidel Castro.

Atrevémonos a dicir que -tras finalizar a súa lectura- a valoración do lector sobre a influencia de Galicia no mundo cambiará.

ISBN: 978-84-945896-9-0
Nº de páxinas: 216
Encadernación: Rústica
Formato: 16,5 x 24 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger