domingo, 11 de decembro de 2016

UNHA FESTA SORPRESA


UNHA FESTA SORPRESA
Autor: Pat Hutchins
Traducción: Sandra Senra Gómez                 
Kalandraka Editora, 2016
Colección: Tras os montes
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +3 anos

Unha festa sorpresa é un relato acumulativo e encadeado que, partindo dun personaxe inicial, vai sumando correlativamente outros actores ata un punto no que a orde se invirte e retornao principio da historia, para acabar reunindo a todos á vez. Dende o Coello á Ra, pasando polo Bufo, o Esquío, o Parrulo, o Rato e o Raposo

Este álbum para pre-lectores e primeiros lectores -que recorda o xogo do ruxe-ruxe ou do teléfono avariado- destaca polo seu sentido do humor e a espontaneidade coa que se aborda a interrelación entre os individuos dunha comunidade. Así, unha confidencia acaba converténdose nun secreto a voces e dando lugar a unha serie de rocambolescos equívocos que teñen un final feliz.

ISBN: 978-84-8464-974-8
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger