Autor: Fernández & González
Kalandraka Editora, 2015
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +4 anos
BALEA é un gran mural de dobre cara, pregado coma un acordeón, que representa unha enorme BALEA METÁLICA sumerxida no fondo do mar, xunto con algas, peces de vivos colores e outras criaturas acuáticas. Ao seu arredor, uns simpáticos buzos de traxe amarelo, protagonistas mudos deste Libro-obxecto visual. Ao xirar a folla cambia a perspectiva dos lectores, que observan o interior do artiluxio, dividido en numerosas estancias. É aí onde entra en xogo a IMAXINACIÓN, para recrear que sucede na sala de control do cetáceo mecánico, que preparan na cociña, de qué falan os encargados do horto, en que traballan os operarios do taller
E así en moitas máis salas:ximnasio, dormitorios, despensa
...
Fernández & González presentan un mundo idílico e ideal, sen xerarquías, onde mulleres, homes, nenos e aciáns conviven en harmonía.
Fernández & González presentan un mundo idílico e ideal, sen xerarquías, onde mulleres, homes, nenos e aciáns conviven en harmonía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.