Autor: Xosé Neiras Vilas
Edicións Embora, 2015
Xénero: Historia - Infantil
Idade recomendada: +9 anos
Van aquí moitas noticias
con flores, versos, ledicias.
Retallos da nosa historia
que gardarás na memoria.
E has de sentir tenro achego
por ter nacido galego.
Unha historia de Galicia para nenos escrita con menos de 500 palabras! unha historia de Galicia en verso!
O talento creador de Xosé Neira Vilas maniféstase neste libro pensado para os nenos pero que agradará tamén aos adultos. A través de 60 pareados, o autor repasa a historia de Galicia desde a cultura castrexa ata os nosos días, con referencias á Idade Media e Prisciliano, aos Irmandiños, á emigración e ao galeguismo, entre moitas outras. Un libro fermosísismo, que Neira Vilas deixou rematado días antes de morrer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.