VISITAS

xoves, 22 de decembro de 2016

O NADAL


O NADAL
Autor: Jacobo Fernández 
Editorial Galaxia, 2008
Colección Pimpín por aquí non vin 

Literatura Infantil en Galego - Primeiros lectores 

Libro en formato acordeón con ilustracións do Nadal, despregable nunha longa saba cartonada, estruturado en dúas caras ben diferenciadas. 

Os nenos da casa poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas sobre a festa do Nadal ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras. 

Por unha banda, unha ilustración única retrata unha escena de rúa con adultos e rapaces xogando, comendo turrón ou cantando os reis nun clima de ledicia colectiva na que non poden faltar os Reis Magos, o Belén ou un festival de panxoliñas. 

Na outra cara, aparecen con tipografía caligráfica diferentes palabras relacionadas co tema, acompañadas de senllas representacións gráficas, ademais dunha páxina de preguntas sinxelas que reclaman unha relectura visual.

Por último, o xogo participativo inclúe a localización do pimpín que dá nome á colección, mergullado no debuxo panorámico.


ISBN: 978-84-9865-131-7
Encuadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 14

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger