domingo, 18 de decembro de 2016

A BOCA DO MONTE


A BOCA DO MONTE      
Autor: Celia Díaz Núñez

Galaxia S.A; 2016                                                     
Colección: Costa Oeste                                           


Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse. E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade.

Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

ISBN: 978-84-9865-688-6
Nº de páxinas: 163
Encuadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger