mércores, 9 de novembro de 2016

TEÑO UNS PÉS PERFECTOS


TEÑO UNS PÉS PERFECTOS
Autor: María Solar
Ilustracións: Gusti
Kalandraka Editora
, 2015
Colección: SETELEGUAS
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

 Idade recomendada: +9 anos

Melchor Sabichón podería ser o neno máis listo do planeta, ou polo menos o máis listo do seu páis ou da súa vila. Era moi listo, sabíao todo, sabía de todo. Cada cousa que vía chamaba a súa atención e estudábaa. Sabía de dinosaurios, mamíferos, serpes, ríos e montes, batallas, reis, estrelas e planetas, astronautas, e de case calquera cousa que un poida imaxinar...

Melchor preséntase ao concurso "Na busca do neno máis listo" pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés.

O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos...

"Teño uns pés perfectos" é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado a conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.
    
ISBN: 978-84-8464-974-8
Nº de páxinas:28
Encuadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger