O SORRISO DE DANIELA
Autor: Carmen Gil
Ilustracións: Rebeca Luciani
Kalandraka Editora, 2009
Colección:MareMar
Incluído na lista "The white Ravens 2008"
Kalandraka Editora, 2009
Colección:MareMar
Incluído na lista "The white Ravens 2008"
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +5 anos
Daniela saíra cedo da casa. Aquela mañá o aire ulía a festa, o ceo estaba moi azul e un sol grande e redondo dáballe os bos días dende o alto. Daniela sorriu. E o sorriso de Daniela voou e voou ata pousar no corazón de Roberta, coma un colibrí de primavera.
Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivr a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizan esta fábula.
A hipopótama, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o chacal cambian os seus complexos, o seu mal humor, a súa vida monótona, a súa insenbilidade e o seu carácter belicioso por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, agarimo, audacia, tenrura e simpatía.
Carmen Gil ofrécelles aos lectores un relato de estructura circular, cheo de contrastes e gran carga simbólica. Tamén se pode interpretar com un puzzle de historias unidas por un fío conductor: O sorriso de Daniela, que se contaxia dun personaxe a outro ata volver a protagonista principal logo de ter sido "colibrí en primavera, bolboreta de cores, raio de sol, chuvia de maio e un aloumiño do ar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.