domingo, 6 de novembro de 2016

OS RATOS DA CASA


OS RATOS DA CASA
Autor: Xosé Manuel González (Oli)
Ilustracións: Natalia Colombo                     
Kalandraka Editora, 2015
Colección: Demademora
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +3 anos

 "Os ratos da casa" é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida? Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando os personaxes e os elementos que actúan na trama e utilizando a rima, Oli guíanos nunha viaxe que busca novas formas de contar unha historia empregando estruturas narrativas propias da nosa tradición oral e doutras culturas próximas.

Cun ton poético e humorístico, somos partícipes dun simpático relato que transcorre no tránsito do solpor ao amencer, e no que non faltan sobresaltos para os ousados ratiños, como a inoportuna presenza doutro animal que os sorprende coas patas na masa.

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 978-84-8464-928-1
Nº de páxinas:30
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger