E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 28 de agosto de 2016

A VENDEDORA DE MISTOS


A VENDEDORA DE MISTOS
Autor: H.C. Andersen
Adaptación: Mª Dolores Hermida Alberti
Ilustracións: Belén Padrón
Kalandraka Editora S.L., 1999
Colección: Os Contos do Trasno Comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 4 anos

Un conto de fadas de Nadal do escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen, coñecido polos seus contos para nenos.

A véspera do Nadal era dura e fría, as rúas da vila ficaban cubertas pola neve, e unha rapariga descalza percorríaas sen máis consolo que a idea de acender un dos mistos que levaba nunha caixiña para vender, mais que ninguén lle comprara.

Sentada no chan e feita unha bóla, atreveuse a tirar un e prendelo. A calor foi tan agradábel que a este seguíronlle outros mentres imaxinaba lugares fermosos onde querería estar.

E deste xeito prenderon uns tras outros até que viu no ceo caer unha estrela; pensou que alguén estaba a morrer, pois así llo dixera súa avoa, que tanto tiña querido: «Cando unha estrela baixa do ceo, alguén sobe a ocupar o seu lugar». E mentres os mistos ardían, viu vir á súa avoíña.... 

ISBN: 978-84-95123-69-X
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger