luns, 29 de agosto de 2016

¿A QUÉ SABE A LÚA?


¿A QUE SABE A LUA?
Texto e ilustracións: Michael Grejniec
Traducción ao galego: Carmen Barreiro
Kalandraka Editora, 1999
Colección: Tras os Montes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 4 anos 

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno.

Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela...

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala.

Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante...

ISBN: 978-84-95123-33-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger