E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 2 de xuño de 2016

BRINCA VAI!

http://www.brincavai.com/
BRINCA VAI
Textos e música: Paco Nogueiras
Editorial: Kalandraka Editora, S.L - 2014

“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un  feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.

Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico.
“Brinca vai!” É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas , melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar … Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.
Paco Nogueiras

“BRINCA VAI” é un proxecto de:
  • PACO NOGUEIRAS: Música, letras, voz solista e coros, guitarra acústica, ukelele, acordeón, gaita midi, frautas, percusións, piano e programacións, arranxos e producción musical.
  • DAVID PINTOR: ilustracións.
  • SR. SAGÜILLO: dirección, realización e animacións do DVD.

No “BRINCA VAI!” tamén participan:
  • Segundo Grandío: baixo eléctrico en Cos pés na terra, contrabaixo en Augas que veñen e van, misturas e mástering (Casa de Tolos).
  • Icía e Xián Nogueiras: voces e coros.
  • Coro Atalaia: coros.
  • Os nenos e nenas dos CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo) e CEIP Pedrouzos de Brión.
  • E outros moitos amigos e amigas sen os que esta aventura non tería sido posible: Manuela e Uxía Ameixeiras, Antón Escobar,  Abel Oliveira, Anxo Reija, Mariña e Xoquín Pérez, Serkalem, Getachew e Worke Barral, Loli Blanco, Lourdes Rodríguez , Carlos Sarandeses. Os Triatreros, Manuela, Xosé, Marisol, Paz, Macu, Antón, Sandra, Loli, Antón, Iria e Mara Ameixeiras, Claudia e Alicia Carvajal, Rosa Aguado, David Carvajal e Uxía Pérez.


ISBN: 978-84-8464-877-2
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 17 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger