martes, 31 de maio de 2016

"OS TESOUROS DO BOSQUE - A HISTORIA SEGREDA DA SENDA DO BARRAGÁN"

Continuamos en BIBLIOPAZOS coa programación de Animación á Lectura para este ano 2016.

Estreamos un novo programa denominado "CONTOS NA NATUREZA" a través do que se pretende promover e dinamizar o uso da lingua galega e fomentar a animación á lectura mediante a promoción da tradición oral galega a través de contadores de historias, incrementado así a oferta da actividade cultural en lingua galega no municipio e apostando pola posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do Concello.

https://www.dropbox.com/s/ia0hh95092nr9vv/2016-06-03%20GEMA%20GEMOLA%20-%20OS%20TESOUROS%20DO%20BOSQUE%20-%20DEPO%20BRANCO2%20-%20fraga%20do%20barrag%C3%A1n.jpg?dl=0

Nesta ocasión e para iniciar o programa achegarémonos á Senda da Fraga do Barragán.


Muíño do Barragán
Así o próximo

VENRES, DÍA 3 DE XUÑO
ÁS 12:00 HORAS

teremos con nos a

GEMA GEMOLA, a contadora de contos que máis mola (Genma Pardo)

co seu espectáculo

"OS TESOUROS DO BOSQUE
 A HISTORIA SEGREDA DA SENDA DO BARRAGÁN".


A Cidade
Contos, historias e lendas para compartir unha mensaxe, desenvolver a empatía, transmitir valores como o coidado da nosa lingua e do medio ambiente e incentivar o hábito lector.
O río en Xunqueiras
GENMA PARDO é actriz, presentadora, animadora infantil, contacontos e colaboradora de Radio, entre outras moitas das súas facetas artísticas. Ten participado e actuado en series como "Pazo de Familia" e "Urxencia Cero" da TVG e participado en filmes como "UNARY" (curtametraxe) de Pixel Films dirixido por Luís Avilés en 2014, "El Peregrino: La mejor historia de Paulo Coelho" (longametraxe) de Babel Films, dirixido por Daniel Augusto no 2013.

Ten actuado en centos de lugares de toda a xeografía galega e nacional (bibliotecas públicas, centros comerciais, teatros, etc.) ademáis de ter formado parte de diversas compañías de teatro como Bambú Teatro, San@San Teatro, Teatro Forum.

No pasado ano formou parte como actriz protagonista do elenco do espectáculo de teatro musical "PANORAMA KIDS: EL SUEÑO DE UN MUSICAL" producido pola Orquestra Panorama e que estivo de xira por toda España ata decembro de 2015.

Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do ser servizo de Normalización Lingüística para a realización de actividades de dinamización da lingua galega.


Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger