martes, 17 de maio de 2016

MERENDA CON PAN DE MILLO - MIGALLAS TEATRO

A Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén ten organizado para o Día das Letras Galegas deste ano un interesante espectáculo para toda a familia, co patricinio da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa cultural PONTEGAL 2016.

https://www.dropbox.com/s/81u7bg99xpiac94/2016-05-17%20CARTEL%20MERENDA%20CON%20PAN%20DE%20MILLO%20FONDO%20AZUL-3.jpg?dl=0

Estades todos convidados a celebrar o

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

en
Pazos de Borbén
no Auditorio do Concello
ás 18:00 horas
con

MIGALLAS TEATRO



e o seu espectáculo
 
"MERENDA CON PAN DE MILLO"


Un espectáculo de dinamización con música, teatro e danza para público infantil e familiar baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura, no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Dirixido a público infantil e familiar, e catalogado como xénero de comedia e canción infantil. 

Con guión e dirección é de María Campos e Carlos Yus, que forman o elenco do espectáculo, coa música do Libro-disco Pan de millo, coa escenografía de María Campos e o vestiario de Celsa Cabaleiro convidámosvos a pasar unha tarde alegre, de baile, musical, divertida e moi galega.

Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, clica AQUÍ.


Neste ano 2016 o autor homenaxeado con este motivo é o poeta MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, coñecido polo seu seudónimo “MANUEL MARÍA”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger