OS ONTES DO SILENCIO
Autor: Manuel María Fernández Teixeiro
Ilustracións: Manuel Ángel García Rodríguez
Editorial Nova Galicia S.A.
Coleción: A Torre e o Mar
Xénero: Literatura Galega
Os ontes do silencio recolle, nun só volume, os seus relatos hai moitos anos esgotados. Trátase dunhas narraciós moi variadas, enraizadas fortemente no popular.
Galardonado co premio "Celanova, casa dos poetas", 1990.
Nota do autor:
Neste volume recóllense contos, relatos e prosas escritos dende o ano 1949 deica o 1972 ou o 1973. Moitas das miñas prosas quedaron en algunhas revistas e xornais da época, maiormente en "Vida Gallega". Compre aclarar que estes testos escrebinos en galego e publicáronse en castelán por imposición da revista que, aínda que n on moito, pagaba as colaboraciós. Unhos pasaron ó libro e outros non.
"Contos en cuarto crecente" publicounos a "Celta" de Lugo no ano 1952. Foi o primeiro libro en prosa galega dado a luz por un escritor novo despóis da guerra civil. Eran unhos relatos moi inxénuos e inespertos. Tivo unha segunda edición, correxida e aumentada, no ano 1962.
"Testemuñas" pertenece ó libro "O xornaleiro e sete testemuñas máis" publicado por "Edicións Galicia", Centro Gallego de Buenos Aires. Fora premiado no ano 1969 nun concurso do propio Centro Gallego bonaerense. Aínda que no tiduo consta que son sete testemuñas -o volume ábrese cunha noveliña curta, "O xornaleiro- a verdade é que só se publicaron seis. A non impresa titulábase "Reportaxe". Nunca máis batín con ela e non sei onde metín o orixinal.
"Kricoi, Fanoi e Don Lobonís" facía o número 33 da "Colección O Moucho" da desaparecida "Edicións Castrelos" e viu a luz en Vigo no ano 1973.
Todas estas publicaciós levaban anos esgotadas. Se agora as dou de novo ó prelo é porque coido que teñen certo valor de testemuñas dunha época na que escreber en galego era un aito case heroico.
Sei que estas prosas son moi desiguais entre sí. Con todo entendo que nelas hai unha certa paixón, un xeito galego de enfrentarse coa esistencia, anacos de vidas e paisaxes que desapareceron pra non voltar máis e cecáis tamén o reflexo dun tempo triste e miserento, antecedente e pai deste tempo no que andamos e viver marcado pola crise, o personalismo, o desconcerto, a vulgaridade, a masificación e a sociedade de consumo, tan alleada e doméstica.
Nº de páxinas: 178
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 12 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.