martes, 17 de maio de 2016

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

17 DE MAIO
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016
MANUEL MARÍA

Imaxe: Xornal de Lugo
Dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega –Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano “DIA DAS LETRAS GALEGAS” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”, cada ano, nesa data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua. 

Nese ano (1963) celebrábase o centenario da publicación do libro “CANTARES GALLEGOS” de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle adicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero. 

Foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque “CANTARES GALLEGOS” foi o primero libro galego que tivo unha significación universal. 

Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, clica AQUÍ. 

Imaxe: Dia das Letras Galegas galiciadixital.com
Neste ano 2016 o autor homenaxeado con este motivo é o poeta MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, coñecido polo seu seudónimo “MANUEL MARÍA”

Este poeta, dramaturgo e narrador, naceu o 6 de outubro de 1929 en San Xoán de Outeiro de Rei (Lugo). Finou o 8 de setembro do 2004 en A Coruña. Iniciou a súa vida cultural e literaria no Lugo da posguerra, onde estudiou o bacharelato, participando nas tertulias do café "Méndez Núñez" con Pimentel, Fole, Piñeiro ou Ánxel Xohan. Con este último fundaría anos máis tarde, no 1952, a colección Xistral de Poesía. 

Despois de estudiar Filosofía e Letras en Santiago, onde estableceu contactos coa Xeración Nós, galeguistas composteláns, así como co pintor Maside, quen máis influíu na súa formación (segundo palabras do propio Manuel María), obtén o título de Procurador de tribunais (1957), trasladándose a Monforte para desempeña-lo citado cargo. 

Para saber máis de MANUEL MARÍA, fai clic AQUÍ




Faite socio de BIBLIOPAZOS 
e leva os libros de MANUEL MARÍA 
para ler na túa casa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger