Autor: Xoan Xosé Pérez Labaca
Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 2014
Neste libro fálase de Mondariz como o corazón do Condado, fai incapé nun paseo rápido por Mondariz e as súas once parroquias. Vilasobroso na historia de galicia. Mondariz Balneario e os seus datos históricos.
Unha visita a Ponteareas, capital da Arte Floral e as súas feiras e mercados. A Cañiza, a Festa-Feira do xamón e as súas parroquias. Onde, tamén, nombra a historia da parroquia de Valeixe e non podía faltar a Romaría da Franqueira.
Arbo, a súa historia e a súa gastronomía, co prato por excelencia da Lamprea. Cunha das romarías máis altas, a de Sanfíns.
As Neves, como a xoia do Condado. Crecente, mirando ao Miño. Covelo, a natureza en estado puro. E Salvaterra, portal e capital histórica do Condado, onde se atopan as Covas de Dona Urraca.
Libro editado con motivo da homenaxe dos Concellos de Mondariz e Ponteareas a Xoán Xosé Pérez Labaca.
Libro editado con motivo da homenaxe dos Concellos de Mondariz e Ponteareas a Xoán Xosé Pérez Labaca.
Xoán Xosé Pérez Labaca, profesor xubilado. Investigador nos campos da etnografía, a historia e a gastronimía, con especial atención á zona sur de Galicia. Colaborador en distintos medios de comunicación como nos períodicos Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Peneira, Hermes Atenea, etc., e nas revistas Pregón, Aunios, La REvista Peregrina, Espertares, Guía Gastronómica da Cadena SER, Soberosum, etc. Tivo un programa diario persoal na Cadena Si Radio de Galicia titulado "Crenzas de Galicia" e está en posesión de varios premiso periodísticos e literarios.
Formou parte de AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo e Gastronomía), da Irmandade dos Vinhos Galegos, da Asociación Galega da Cultura e a Ecoloxía, do Centro de Estudos da Paradanta e do Condado, das Ordes de San Miguel de Ponteareas e de Xan Carallás de Redondela e da Asociación Cultural Gastronómica Pineiróns.
Outros libros publicados do autor:
- Xentes destas partes. Editorial Roucalla, 1986.
- Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do Balneario. Deputación Provincial de Pontevedra, 2006.
- Anacos de cousas celtas. Editorial Alénmiño, 2008.
- Ponteareas da ialma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2011.
- Aqueles oficios de preto da raia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2012.
- Mondariz contado a trozos (en castelá). Punto Rojo Libros, 2013.
- O túnel do Barroso. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2013.
- Cazolas e Pucheiros (100 receitas do Faro de Vigo - Suplemento Condado Paradanta).
Encuadernación: Cartoné
Formato: 23,5 x 16 cm.
Nº de páginas: 107
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.