xoves, 2 de xullo de 2015

RELATOS DE PANTASMAS

RELATOS DE PANTASMAS
Autor: Steven Zorn
Ilustracións: John Bradley
Tradución: Isabel Soto
Editorial: Vicens Vives Primaria, S.A - 2013
Coleción: Cucaña

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 9 anos.

Un experimentado viaxeiro descobre con horor que a persoa coa que comparte o camarote é un morto vivente... Unha parella que acaba de casar comprende cando xa é tarde que unha arrepiante lenda local é algo máis que unha mera superstición...

Tras se instalar na casa do seu curmán, un rapaz orfo recibe a visita de dúas pantasmas de curta idade que non pretenden outra cousa que salvarlle a vida...

Os oito relatos que compoñen este volume foron escritos polos máis afamados autores de contos de pantasmas: Washington Irving, Arthur Conan Doyle, M. R. James, Ambrose Bierce, Edith Nesbit e outros.

Atrévete a entrar no mundo misterioso e fantástico deste arrepiante libro: en cada unha das súsas páxinas atoparás unha sorpresa.

O libro conta con notas aclaratorias e cun apéndice de actividades nas que se analizan o sentido e o valor de todos os relatos.

ISBN: 978-84-682-1301-9
Encadernación: Tapa dura.
Formato: 22 x 16 cm
Nº de páxinas: 96

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger