martes, 30 de xuño de 2015

HORARIO DE VERÁN - MES DE XULLO

BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena do Concello de Pazos de Borbén, cambia o seu horario de atención ao público para este verán:
 
Durante o mes de XULLO teremos novo horario


https://www.dropbox.com/s/g7n0wejcj22exhq/HORARIO%20CENTRO%20ANTENA%20membrete%20XULLO%202015.jpg?dl=0
 
Seguimos ofrecendo o mellor servizo posible aos veciños e veciñas e prestando os nosos servizos habituais:
  • Préstamos de libros, CD's, CD-ROM, DVD's, etc.. 
  • Consulta en Sala de libros, revistas, materiais audiovisuais, etc. 
  • Información e asesoramento sobre busca de información en internet, recomendacións de lectura, servizos e novas tecnoloxías.
  • Acceso a internet gratuíto na Aula Informática.
  • Actividades de promoción da lectura, charlas, obradoiros, etc.
  • Cursos de Formación e Alfabetización Dixital: Mecanografía, Internet e correo electrónico, OpenOffice (Writer, Calc, Impress), Redes Sociais, Busca de Emprego Activo, Creación de Blogs con Bloguer... 
  • Información sobre recursos de Busca de Emprego existentes na rede, e modelos para facer o teu Currículum Vitae e a carta de presentación.

Se desexas ampliar a información sobre os servizos que prestamos e as actividades que levamos a cabo, contacta con nos en:

Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger