martes, 19 de maio de 2015

VIDA DE NAI

VIDA DE NAI
Autora: Gemma Sesar
Ilustracións: Ramón Marcos
Editorial: El Patito Editorial, 2013 

Xénero: Cómic
Idade recomendada: Xuvenil + 15 anos

Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos ("quererás dicir: unha filla e un fillo"), sen axuda para atendelos ("outra vez sen asistenta!") e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise.

A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos.

Colección: O Inverno
ISBN: 978-84-941109-8-6
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 69

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger