O CLUB DA CALCETA
Autora: María Reimóndez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2011
Xénero: Narrativa
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un
lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde
toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala.
A través
dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María
Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas
atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que
as nega ou minusvalora.
Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do
ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a
autora de "O club da calceta" ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa
que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a
condición feminina.
Inspiradas na figura liberadora da tía Davina,
Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras
e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que
desfai os fíos dunha sociedade machista.
ISBN: 978-84-9782-437-8
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 271
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.