E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 25 de maio de 2014

O AROMA DO LIQUIDÁMBAR - Literatura Infantil

O aroma do liquidámbar 
Autor: An Alfaya
Ilustrador:Marina Seoane
Colección Merlín Verde
 
Idade recomendada: De 9 anos en diante
 
Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma.
 
Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente.
 
Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.
 
13,5 x 19 cm 
Rústica cosido a fío
160 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-436-8

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger