Palabras de auga
Autor: Marcos Calveiro
Ilustrador: Ramón Trigo Alonso
Colección Merlín Marelo
Idade recomendada: De 11 anos en diante
Premio Merlín de Literatura Infantil 2012
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012
Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil 2012
Lista de Honra do IBBY 2014
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro.
Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado.
Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez.
Un relato emocionante, cativador e conmovedor.
13,5 x 19 cm
Rústica cosido a fío
160 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-441-2
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.