mércores, 2 de abril de 2014

Obradoiro creativo "Xogando coas letras" - Animación á Lectura

Hoxe Mércores 2 de Abril, ás 12:30 horas na Sala de Lectura, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil cunha nova actividade organizada por Bibliopazos, o Obradoiro Creativo "Xogando coas letras" a cargo de Patricia Martínez de EDUVÍA no que participarán os alumnos de 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. 

"Xogando coas letras" mostraranos a faceta políglota de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas de 2014 que nos fará reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e adentrarnos no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor: Français, Deutsch, English...

https://www.dropbox.com/s/h1tfiyz1nlugr24/2014-04-02%20CARTEL%20Xogando%20coas%20letras.pdf 

Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

VEN A BIBLIOPAZOS EN PARTICIPA DAS NOSAS ACTIVIDADES

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger