martes, 1 de abril de 2014

Obradoiro creativo "XOGANDO COAS LETRAS"

https://www.dropbox.com/s/h1tfiyz1nlugr24/2014-04-02%20CARTEL%20Xogando%20coas%20letras.pdf

Mañán Mércores 2 de Abril, a partir das 12:30 horas na Sala de Lectura, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil cun obradoiro creativo a cargo de Patricia Martínez de EDUVÍA denominado "Xogando coas letras", e no que participarán os alumnos de 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. 

"Xogando coas letras" mostraranos a faceta políglota de Xosé María Díaz Castro, faranos reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e adentrarnos no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor: Français, Deutsch, English...

https://www.dropbox.com/s/wnb6osnogntiyos/DILI_2014_cas.jpgMañán tamén é o Día Internacional do Libro Infantil 2014 que, como nestes últimos anos se celebra en todo o mundo para conmemorar o nacemento de Hans Crhistian Andersen. 

Aproveitaremos a ocasión para difundir entre os nenos e nenas a mensaxe elaborada pola escritora Siobhán Parkinson e o cartel realizado pola escritora e ilustradora infantil Niamh Sharkey que este ano preparou a sección irlandesa do IBBY, e en Galicia encargase de difundir a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX).

A mensaxe lerase na traducción ao galego de Concha Blanco. 

Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger