O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus "Contos susurrados" transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade -alumnos de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,
en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de
Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.