luns, 28 de abril de 2014

A balada de Roi Nemiña - LITERATURA XUVENIL

A balada de Roi Nemiña 
Autor: X.H. Rivadulla Corcón 
Ilustración da cubierta de Xaime Asensi 
Editorial Sotelo Blanco 
Colección Xuvenil 

Idade recomendada: + 12 anos

Cando naceu Nemiña, o espírito da súa avoa presentouse ante os seus pais e comunicoulles que os Espíritos Mariños elixiran aquel neno para que, cando fose maior, sexa quen salve a tribo dos sisargos e non desaparezan, e, deste xeito, o pobo nin a súa cultura nin a súa lingua. 

Nemiña enfrontarase co seu destino e, se consegue cumprir a misión, a Terra de Sisargas continuará existindo en liberdade. 

Así empeza o libro:
"O rostro de Saímia estaba bañado en suor e o seu xesto marcado pola dor e o esforzo. tiña pouco máis de vinte anos. A pesar dos seus ollos apertados con intensidade, a súa boca abríndose e pechándose en busca dunha respiración que lle axudase a conseguir a forza necesaria, o seu cabelo alborotado e mollado e a súa fronte marcada polas engurras que lle producía a contracción da cara, era evidente que se trataba dunha muller fermosa.

Estaba sobre o leito, cun camisón de liño empapado en suor remangado ata o van. A cabana era humilde, dunha soa estancia, e nela só..."
ISBN: 978-84-7824-624-3 
Páxinas: 136 
Formato: 13x20

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger