O carballo con Botas
Textos de Anxo Moure
Ilustracións de Cristina Ouro
Editorial Sotelo Blanco
Colección Bolboreta
Idade recomendada: + 3 anos
O Carballo con Botas existe.
No outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños, enchémolas de terra e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas como viveiros forestais.
Na primavera xorden os carballos, os castiñeiros e as nogueiras con botas, que viaxan ao longo do ano polas escolas como parte do proxecto de contos medioambientais, deixando a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.
Trátase de libros “plantabosques”, feitos en papel reciclado cos que se planta unha árbore autóctona con cada libro vendido.
ISBN: 978-84-7824-625-0
Páxinas: 26
Formato: 20x20
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.