venres, 23 de agosto de 2013

ANTÓN E POMPÓN - As formas - LITERATURA INFANTIL

ANTÓN E POMPÓN:
As formas
Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005 

Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños.

Antón e Pompón xogan e os pelelliños, que son capaces de cambiar a súa forma, imítanos copiando todo canto ven.

Así: como ven unha moeda, adoptan a forma de círculo; de cadrado, a semellanza da foto nun marco; de rectángulo, como o libro; triangular, como as estrelas.

Tamén poden ser unha esfera, como a pelota; ou un cubo, da mesmo xeito que o dado; un cilindro, como o refresco; un cono, igual que o sombreiro; e mesmo un prisma, pois así é a caixa do regalo.

Finalmente, Antón e Pompón compoñen estas oito figuras en papel e cartón.

Colección protagonizada por Antón un neno con moito afán por aprender, e o rato Pompón, que encontrou un día no seu zapato e dende entón son moi bos amigos. Os Pelelliños son uns seres máxicos que só os nenos poden ver. Gústalles rir, brincar e xogar cos nenos.

Edición en capa dura con ilustracións en cor a toda páxina.

Nº páx.: 24
Formato: 12 x 31 cm. 
ISBN 84-96403-77-7 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger