ANTÓN E POMPÓN:
As cores
As cores
Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005
Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños.
Os pelelliños amigos de Antón, cansos de ser brancos, queren mudar de cor.
Para iso, comeu un tomate o primeiro pelello e púxose vermello; outro, un limón enteiro e púxose amarelo; logo, un amorodo arriba do limón e púxose laranxa; dous comeron verdura e puxéronse verdes; outro, berenxena e púxose morado dos pés ás orellas; un subiu ao ceo, tinguíuse de anil, pintouse de azul cunha violeta, comeu logo un plátano, púxose verde e cando quixo volver ser como antes bebeu unha pouco leite e blanquexou ao instante; outro, por facer unha cousa distinta probou a beber un tarro de tinta. E agora entre todos, cada un coa súa cor, forman as cores do arco da vella, e xogan felices con Antón e Pompón.
Colección protagonizada por Antón un neno con moito afán por aprender, e o rato Pompón, que encontrou un día no seu zapato e dende entón son moi bos amigos. Os Pelelliños son uns seres máxicos que só os nenos poden ver. Gústalles rir, brincar e xogar cos nenos.
Edición en tapa dura con ilustracións en cor a toda páxina e texto mínimo con sinxelos pareados.

Nº páx.: 24
Formato: 12 x 31 cm.
ISBN 84-96403-77-7
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.