Texto e ilustracións de Eva Montanari
Tradución do italiano de Antón Fortes
OQO editora, maio 2009
+ de 5 anos
Despois dun longo sono, espertan e senten
curiosidade polo que hai abaixo na cidade. Lánzanse desde as nubes,
comezan a caer: unha, dúas, tres…
Coa escusa dunha pequena chuvieira, Cantas pingas na cidade!
permite capturar un instante da vida dunha serie de personaxes
entrañables e delicados, xusto cando a súa viaxe á terra está a piques
de comezar.
Texto e imaxes de Eva Montanari recrean cunha especial carga poética,
a aventura que emprenden as primeiras pingas (ata 10!) que preceden a
unha chuvieira, pequenas pingas que nos pillan por sorpresa e anuncian a
chegada de moitas máis.
A autora, que tamén é ilustradora, presenta un traballo plástico de
carácter escultórico con diferentes materiais —papel, cerámica…— que
resulta moi espectacular, e ocupa con rotundidade a dobre páxina. Moi
orixinal é tamén o deseño en sentido vertical do álbum, polo que
transitan unha serie de personaxes fantásticos, que malia a súa
condición, ofrecen unha cara moi humana e aparecen integrados
perfectamente no escenario da cidade.
O texto de Eva Montanari lémbranos a importancia de aprender a
divertirse e a gozar das pequenas cousas, mentres que as imaxes recrean
para nós un espazo urbano moi especial. O proxecto, no seu conxunto,
constitúe por riba, unha moi boa desculpa para se achegar ás matemáticas
dun xeito dinámico e divertido.
SEGUNDO PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO 2009, na categoría INFANTIL E XUVENIL, polo Ministerio de Cultura.
978-84-9871-152-3
36 páxs.
Cartoné
23 x 25 cm
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.