Imelda Barrio
Ilustracións de Andrés Meixide
Col. Contos da igualdade, 5
Ilustracións de Andrés Meixide
Col. Contos da igualdade, 5
Baía Edicións. A Coruña, 2009
Fai moito tempo, nun afastado reino naceu Nera, a filla do ferreiro, nunha noite especial que hai cada cen anos: as constelacións están aliñadas e reúnese o Consello de Fadas para conceder un desexo a quen naza nela. Deliberaron sobre que desexo concederíanlle, repasando os anteriores que concederan (unha voz doce, que se namorase dun príncipe, etc.). Pero as mulleres ás que llos concederon non foran cumprindo eses desexos tan banais. Entón pensaron noutros: que puidese estudar, que chegase a vivir da ferrería e a ser xefa de fórxaa, que non vivise obsesionada pola súa imaxe, que fose libre para rexeitar o príncipe valente... Pero como había que elixir un só, acordaron concederlle que cando chegase á maioría de idade decidise ela se quería ser un home ou non, pois só sendo home podería cumprir todos aqueles desexos.
Enteirados os pais, educárona na igualdade: nin lle compraron vestidos de cor rosa nin a sacaron do colexio cando cumpriu 11 anos. E, sobre todo, apoiárona nas súas decisións e afeccións nada comúns entre as nenas e nenos do seu reino: cando xogaban ás guerras, as nenas pedían coidar os guerreiros feridos ou ser princesas que esperaban no castelo o regreso dos seus maridos loitadores, pero Nera quería ser capitán. E ríanse dela cando dicía que de maior quería ser ferreiro. Cando creceu, tivo moitos pretendentes pois era moi atractiva. Probábaos pedíndolles que a invitasen a xantar á súa casa preparando eles a comida, mais todos suspendían porque era intragable ou lles axudou algunha muller ou non recollían a mesa nin fregaban a vaixela. Ou lles preguntaba como querían educar os posibles fillos... Porque ela quería un COMPAÑEIRO, con maiúsculas.
Cando cumpriu 18 anos, as fadas e o reino enteiro agardaban expectantes que decidise converterse en home, pois nin se integraba coas mulleres nin atopaba esposo por ser tan rara. Mais ela rexeitou cambiar. Pasaron os anos e non só foi ferreira senón ata xefa de fórxaa. E viviu feliz e comeu perdices, que lle guisaba a miúdo o seu COMPAÑEIRO.
Cando cumpriu 18 anos, as fadas e o reino enteiro agardaban expectantes que decidise converterse en home, pois nin se integraba coas mulleres nin atopaba esposo por ser tan rara. Mais ela rexeitou cambiar. Pasaron os anos e non só foi ferreira senón ata xefa de fórxaa. E viviu feliz e comeu perdices, que lle guisaba a miúdo o seu COMPAÑEIRO.
40 p. - 21x15 cm.
ISBN 978-84-92630-02-8
Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.